XERME | Protección de Datos

Información básica sobra a protección de datos persoais

Responsable do tratamento: Xunta de Galicia. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Cluster do Ecommerce Galego.

Finalidades do tratamento: Xestión do Programa XERME ECOMMERCE e envío de información e de comunicacións relativas ás actividades de xestión de políticas activas de emprego e emprendemento.

Lexitimación para o tratamento: O cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable (artigo 6.1, letras c) e e), do RXPD, e 8 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais). En concreto, a competencia e as obrigas previstas nos preceptos básicos da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Destinatarios dos datos: As administracións públicas no exercicio das súas competencias.

Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Organiza:

©2024 XERME – Programa de Formación para o Emprendemento no Ecommerce