Para que o titular dos datos persoais tratados no Sitio Web poida exercer calquera dos dereitos indicados na táboa previa con plenas garantías, a través de respostas ás seguintes preguntas, ampliamos a información previamente resumida:
1. ¿Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
É o “CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO”, con domicilio social en Lg. Os Campos, 19, C.P. 36164, Pontevedra (Pontevedra) e N.I.F. G-10774727.
Poderás contactar có CLÚSTER escribindo ó enderezo de correo electrónico administracion@clusterecommercegalego.gal, ou ben a través do “formulario de contacto” a túa disposición no Sitio Web.
2. ¿Para qué se recollen os teus datos a través do Sitio Web e con qué propósito os empregará o CLUSTER?
Os datos persoais que facilites a través de calquera das vías de contacto referidas previamente serán utilizados para responder as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios dirixidos ó CLÚSTER a través do Sitio Web.
3. ¿Cal é a base xurídica que lexitima o tratamento dos teus datos persoais?
É o teu consentimento, na medida en que estarás autorizando o tratamento dos teus datos a través dunha ‘clara acción afirmativa’ cando te dirixes ó CLÚSTER, previo acceso á
presente Política de Privacidad que, de modo permanente, atópase a disposición do Usuario dende calquera das páxinas do Sitio Web.
4. ¿Comunicará o CLÚSTER os teus datos persoais a alguén?
Non se contempla, salvo previa petición e permiso obtido directamente do Usuario.
5. ¿Durante canto tempo conservará o CLÚSTER os teus datos?
No tocante á información persoal que fas pública a través dos teus comentarios no Sitio Web, a mesma será visible mentres a noticia á que se refire esté exposta no Sitio Web. Logo de retirada dita noticia, o CLÚSTER somentes conservará a información persoal compartida dese modo cando unha lei obrigue a elo (p.ex. comentarios de contido ilícito, de cara a posta a disposición destes á autoridade xudicial).
6. ¿Qué dereitos tes sobre os teus datos?
Poderás exercita-los dereitos de acceso, rectificación ou supresión, oposición ó tratamento dos teus Datos, o de limitación do seu tratamento, a non ser obxecto de decisións automatizadas ou ben solicitar en calquera momento se revoque o consentimento que prestaches para as finalidades indicadas polo CLÚSTER (vid. táboa inicial), así como o dereito á portabilidade dos teus datos.
Deberás facelo por escrito, achegando fotocopia do seu D.N.I., pasaporte ou doutro documento válido que te identifique, dirixido ó e-mail administracion@clusterecommercegalego.gal, co título (asunto) “CLÚSTER. LOPDGDD”
Cando recibámo-la túa solicitude, enviarémoste un formulario que terás que cumprimentar para que poidamos dar curso á mesma.
7. ¿Qué podo facer se o ‘responsable do tratamento’ non atendese os meus dereitos?
Se consideras que os teus dereitos non foron oportunamente atendidos, poderás iniciar un procedimiento de “tutela de dereitos” ante a AEPD (Vid.: https://www.aepd.es/media/guias/guia ciudadano.pdf).