Consonte ó previsto na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e normativa concordante, poñemos a disposición do usuario deste sitio web información sobre a súa titular, así como das condicións que regulan o acceso, navegación e uso de cada unha das páxinas web accesibles baixo o dominio https://www.clusterecommercegalego.gal (“O Sitio Web”).
A fin de garantilo acceso a esta nota legal e demais información requirida pola normativa de aplicación (“Política de Privacidade” e “Política de Cookies”), ditas mencións se poñen a disposición do usuario do Sitio Web (“O Usuario”) dende tódalas súas páxinas.
Información sobre a Titular do Sitio Web
O Sitio Web pertence ó ‘CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO’, entidade provista de N.I.F. G-10774727, con sede en Lg. Os Campos, 19, C.P. 36164, Pontevedra (Pontevedra).
Contacto
O Usuario poderá comunicarse có CLÚSTER por e-mail dirixido á dirección de correo electrónico administracion@clusterecommercegalego.gal ou empregando o formulario de contacto que se pon a disposición do Usuario no apartado “CONTACTO” accesible dende o Sitio Web.
Cando o Usuario se dispoña a achegar ó CLÚSTER consultas a través do formulario de “CONTACTO”, haberá de marca-la caixiña situada a carón da seguinte mención “Lin e entendín a Política de Privacidad do CLUSTER DO ECOMMERCE GALEGO”, onde atopará información sobre como se tratarán os datos persoais que o Usuario proporcione a través de dito formulario. Do contrario, a súa consulta non chegará a coñecemento do CLUSTER porque o sistema impedirá o seu envío ata que non lea e marque a caixiña indicada, precisamente, para protexe-la privacidade do Usuario.
Propiedade intelectual
· A propiedade intelectual das creacións que configuran o Sitio Web (código fonte, deseño, estrutura de navegación, textos e demais) pertence ó CLÚSTER, ben por gozar da titularidade exclusiva dos dereitos de explotación de tales elementos ou por contar cás licenzas de explotación correspondentes.
· En consecuencia, queda prohibida calquera forma de explotación (reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación) de todo ou parte do Sitio Web ou da información e elementos contidos no mesmo, sen previa autorización concedida expresamente polo CLÚSTER, do que se exceptúa a visualización ou impresión de contidos para uso persoal e privado. No caso de incumprimento de tales previsións, o Usuario infractor exporase ás consecuencias que lle deparen as reclamacións pertinentes, segundo o previsto na lexislación vixente.
Actualización de contidos
O CLÚSTER se reserva a facultade de renovar os contidos do sitio Web para introduci-las melloras que estime convenientes, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso ó Usuario do Sitio Web.
En particular, lembre que o CLÚSTER poderá modificar as presentes condicións cando o considere oportuno. Por elo, prégase ó Usuario que proceda a consultas cada vez acceda ó Sitio Web ou, como moito, a intervalos breves de tempo, se é que accede habitualmente ó Sitio Web.
Exención de Responsabilidad. Links de terceros
O CLÚSTER non garante a ausencia de erros ou interrupcións no acceso ó Sitio Web, nin que este se atope actualizado en todo momento. En todo caso, o CLÚSTER acometerá as tarefas que sexa preciso para corrixir tales incidencias en canto teña noticia delas, salvo que existan causas que o
impidan puntualmente ou retrasen ditas tarefas por mor da complexidade que leve aparellada a súa execución.
Por outra banda, infórmase ó Usuario de que o feito de que o CLÚSTER chegue a vincular/re-dirixir a informacións e servizos de terceiros dende o Sitio Web, dita relación non suporá que exista colaboración ou dependencia algunha entre o CLÚSTER e o responsable do sitio web alleo.
En todo caso, o previamente exposto supón que o CLÚSTER non se fai responsable dos contidos, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos, que se localicen en tales sitios web alleos, nin asumirá responsabilidade algunha polos danos que chegasen a producir no sistema informático, documentos ou ficheiros do Usuario.
Asemade, o CLÚSTER tampouco será responsable dos danos que poida experimentar o sistema informático, documentos ou ficheiros do Usuario debido á presenza de erros de seguridade presentes no propio equipo que o Usuario empregue para acceder ó Sitio Web (p. ex. virus), nin dos danos que o Usuario padeza por un funcionamento deficiente do navegador que empregue para elo.
Intervención dos Usuarios
Na medida en que o Usuario empregue o perfil do CLÚSTER en redes sociais para difundir contidos ou comentarios que poidan infrinxi-la lexislación vixente ou a mesma política de uso e privacidade da respectiva rede, o CLÚSTER resérvase o dereito a promove-la súa eliminación ante dita rede social sen previa comunicación nin autorización do Usuario, así como a promover denuncia ante as autoridades competentes se o potencial contido ilícito da conducta en cuestión o require.